Saltar ao contido

Arteria radial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arterias do membro superior

A arteria radial é unha arteria do membro superior humano situada no compartimento anterior do antebrazo. É unha rama da arteria umeral.

Traxecto e relacións

[editar | editar a fonte]

Percorre a zona lateral do antebrazo. Na zona proximal vai por debaixo do músculo braquiorradial, para despois pasar por fóra do nervio radial e finalmente por dentro do tendón do músculo braquiorradial. Posteriormente entra no pulso pola zona lateral, dirixíndose cara ás bases dos metacarpianos I e II. Xa na man, as diversas ramas colaterais alimentan o dedo polgar e a cara lateral do dedo índice.

No antebrazo, a arteria radial dá lugar a tres ramas:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.